Os contidos deste CD-ROM son Copyright (C) 2000 Mandrakesoft S.A. e outros.  Por favor, mire as notas de Copyright individuais en cada paquete de código fonte para os termos de distribucións.  Os termos de distribución das utilidades que son copyright de Mandrakesoft e de Red Hat Software están no ficheiro COPYING.

Mandrake e o seu logo son marcas comerciais de Mandrakesoft S.A.
Red Hat, RPM, e glint son marcas comerciais de Red Hat Software, Inc.


  1. Organización do directorio raíz
  2. Instalación
  3. Código fonte
  4. Soporte
  5. Contactar


1. Organización do directorio raíz


O directorio raíz está organizado do seguinte xeito:
 
 |----> Mandrake
           |----> RPMS 
           |----> base 
           |----> mdkinst
 |----> images 
 |----> dosutils 
 |----> misc 
 |----> lnx4win
 |----> VERSION
 |----> RPM-PGP-KEYS
 |----> COPYING 
 |----> INSTALL
 |----> README

paquetes binarios
arquivos de pequenos sistemas de ficheiros para a instalación
imaxe usada para instalacións gráficas
imaxes de boot e ramdisk
utilidades de instalación para DOS
ficheiros de código fonte, árbores de instalación
instalador de Windows(tm) [BETA]
número de versión actual
sinatura da clave PGP dos RPMs de Mandrake
información do copyright
instruccións de instalación
este ficheiro en modo texto

Se está a facer un espello a unha partición ou a un volume NFS, terá que coller todo o que haxa en Mandrake/, e tamén as imaxes dos discos que precisará para o seu sistema de images/.

ir ó comezo


2. Instalación


Mire o ficheiro install.htm.

NOTA IMPORTANTE DE COMPATIBILIDADE:

Mandrake está feita con optimizacións de velocidade para CPUs de clase Pentium (Pentium(tm) e compatibles, AMD K6, Cyrix M2, PIII...), polo que NON FUNCIONARÁ nos ordenadores antigos baseados no i386 e i486. Sen embargo, unha versión especial compilada para esas CPUs estará dispoñible nos nosos servidores e en CD-Roms baratos.

Ir ó comezo


3. Código fonte


Tódolos paquetes específicos de Linux-Mandrake veñen co seu código fonte no CD de fontes (source-CD na PowerPack Edition).

Por favor, use os servidores FTP para os fontes.

No caso de que non teña acceso a Internet, Linux-Mandrake pode enviarlle un arquivo cos fontes cun custo mínimo.

Ir ó comezo


4. Soporte


Se ten acceso á web, mire en http://www.linux-mandrake.com/support/

En particular, o acceso ás nosas listas de correo pódese atopar en:

 http://www.linux-mandrake.com/ml/

Se non ten acceso á web, tamén se pode subscribir á lista de correo principal. Para facelo, mande unha mensaxe a newbie@linux-mandrake.com co seguinte texto:

       subscribe newbie

no corpo da mensaxe.

ir ó comezo


Se non recibiu documentación con este producto, pode pedi-la Edición PowerPack de Mandrake (varios CDs de Mandrake + Guías de Instalación e Uso + 100 días de soporte á instalación) ós nosos distribuidores en:

 http://www.linux-mandrake.com/resellers

ir ó comezo


5. Contactar


 Mandrakesoft pode atoparse en:

 WWW:  http://www.linux-mandrake.com

ir ó comezo